Dani pelexa por unha balón ante un rival, metáfora do que fará o equipo o Domingo

CD Portas

C.D Portas

Campano C.F

Campañó C.F

Xornada 7

29/05/2013

A polo ascenso.

Este ten que ser o ano. Un equipo renovado, moitos altibaixos ao longo da tempada, a sensación a metade de liga que todo estaba perdido, pero.... un final de liga espectacular colocou ó Portas na pugna polo ascenso á categoría que por esforzo, traballo, historia, e dimensión actual da entidade merece.

Tres partidos, so tres partidos separan ós granates do éxito. O camiño, curto pero intenso arranca esta fin de semana en Mirallos (Moraña) O Portas medirase a un vello coñecido co que competíu hai tres ou catro tempadas por ese mesmo posto que leva á segunda, Moi pouco queda daquel Portas, pero de seguro que as ganas serán máis que naquela ocasión.

O rival. É difícil comparar dúas ligas a pesares de que correspondan a mesma categoría, So nos queda mirar á obxectividade dos números. Un posto máis arriba para os de Pontevedra, pero con menos puntos que os granates. Chama á atención que son os segundos máximos goleadores da categoría so por detrás do campión, metres o Portas e o que máis goles encaixou dos equipos que disputarán o play off da súa liga. Sen dúbida un partido apaixoante que debe ser secundado pola afección granate, nun desprazamento bastante favorable. Domingo 2 de Xuño 17'00h en Mirallos (Moraña)