O lesionado Raśl durante un instante do primeiro partido de liga.

4

C.D Portas

3

C.D Arcade

  • Brais 15'
  • Adrián 24'
  • Brais 35'
  • Brais 58'

Xornada 2

09/10/2011

Sufrir para vencer.

Apretada victoria dos Alevíns ante o C.D Arcade. Un partido que parecñia pácido ó descanso para unha nova victoria do conxunto local, complicouse e os granates remataron pedindo a hora.

As cousas empezaban a compilarse na tarde do venres. Unha lesión inoportuna do recén incorporado á sección da Alevíns, Raúl, cunha fractura de clavícula que o manterá apartado dos terreos durante alo menos tres semanas, mermaba o xa de por si limitado plantel de Alevíns, que deste xeito se ve reducido a oito xogadores de campo (unicamente dous cambios posibles)

O equipo non acusou a baixa, e no primeiro tempo realizaou un despregue sin precedentes, cunha intensidade brutal -que acusaría a posteriori- Nesta ocasión a sorte acompañou, e as dúas ocasións baixo paus que incomprensiblemetne o Arcade non puido transformar pagounas caras vendo como en tes chegadas o Portas se poñía cun 3 - 0 a favor. Adrián de córner directo e Brais Sabarís tras dúas xogadas excepcionales do propio Adrián poñían terra de por medio no marcador, aínda que non no xogo. A diferencia do electrónico non se estaba a reflexar no campo, e un Portas con máis corazón que cabeza pelexaba como gato panza arriba para defender o resultado. A pesares das ocasións visitantes, a piques se estivo de chegar o descanso con este marcador, pero unha desafortunada xogada no último minuto fixo que os azulóns recurtasen distancias.

No segundo tempo, o Portas acusou o esforzo realizado, Adrián cun partido espectacular tanto en defensa como en ataque no primeiro tempo, veuse abaixo fisicamente e o equipo notouno, Damian, que tamén estaba a realizar un bo partido, non era quen de recuperarse dun golpe no xeonllo e tiña que ser substituído. Era a hora dos que sempre aparecen, Brais Torres ofreceu un novo recital en defensa, anticipando cada balón, e cortando cada contra perigosa, animándose incluso nas súas xa habituais saídas dende atrás. Arriba Brais Sabarís seguía a pelexar contra a defensa visitante obrigandoos a non durmirse e evitando que tamén se sumasen nos continuos ataques. Era o Arcade o que volvía recurtar distancias, o Portas non se viña abaixo e Brais anotaba outro golazo para poñer o 4 - 2 e minar a moral visitante que vía que cada vez que recurtaba distancias disfrutaba pouco da alegría. A dez minutos do final, o Arcade poñíase 4 - 3. Xa non había folgos -nin cambios- no plantel granate. Tocaba sufrir, Manuel que acababa de entrar na portería por David -gran partido tamén do meta titular- salvaba con dúas boas paradas dous golpeos de libre directo dende a frontal moi perigosos. Dez minutos eternos que finalmente deron a victoria os locais para sumar os segundos seis puntos no casilleiro que lles permiten acomodarse nas posicións de privilexio da clasificación. Pena das lesións e o limitado do plantel que probablemente serán importantes en partidos donde a sorte non estea tan de cara. Domingo visita a Marín ante o Marín C.F.