Un equipo histórico

CD Portas

7

C.D Portas

Verdugo A.X.D

2

A.X.D Verdugo

Xornada 7

29/05/2013

Non é un playoff é un premio.

Temos preparadas tres entregas para o remate da tempada referentes a este equipo. Equipo non, equipazo. Sen dúbida fixéronnos disfrutar de momentos inolvidables ao longo desta tempada, de partidos espectaculares. épicos nalgún caso, de infarto noutro. Este é o premio, poder disputar o playoff de ascenso á primeira categoría. O resultado da mesma será o de menos, simplemente hai que desfrutar e seguir disfrutando deste equipazo.

Un premio ó traballo de catro anos, un premio a un concepto, a un estilo, a unha maneira de xogar, cuestionada nos inicios, discutida posteriormente e aceptada ao final. Non me enleo, isto queda para máis tarde.

Os infantís tamén disputarán a súa fase de ascenso. Menos sorte que os afeccionados tiveron nos desprazamentos. A fase arranca este sábado pola tarde en A Lama ante o A.X.D Verdugo, segundo clasificado do grupo 9 de segunda. O sistema de competición será unha liguiña de tres equipos (C.D Portas, A.X.D Verdugo e E.D Arousa "B" ) a partido único en campo neutral. O primeiro este sábado ás 16'15h en A Lama, o seguinte o vindeiro fin de semana en Pontecaldelas en horario a determinar. A última xornada, descanso.

Sería precioso que como agradecemento aos grandes momentos que nos deron estes pequenos ao longo de toda a tempada, os afecionados acudiran a animar, máis que a animar, a celebrar xunto a eles un premio, que pode ser histórico, pois nunca antes un equipo de infantís da C.D Portas acadou a 1ª categoría de infantís.

Moita sorte e noraboa rapaces!!!!!