Fútbol

Cincuenta anos de historia dan para moito, e as instalacións da C.D Portas tamén se subiron ao carro da modernización, pasando de ter un campo de terra que nin sequera estaba cerrado exteriormente e non tiña vestiarios no ano 1961 a contar cun campo pechado, de céspede artificial, e cómodos vestiarios.

Este proceso non ocorre se súpeto, sendo claves as datas que a continuación se enumeran. No ano 1962 comeza a pecharse e constrúense os primeiros vestiarios que albergarían aos subcampións da Liga e Copa das Rías Baixas e campións do Trofeo Relámpago (1962-1963).

É no ano 1984 cando o estadio sofre unha gran transformación , gracias ao esforzo do goberno local do momento, coa construcción duns novos vestiarios (que non variarían as súas dimensións ata o día de hoxe, pero si mellorarían en canto a comodidades: auga quente, percheiros, estantes, calefactor, mobiliario diverso....) .e unha grada cuberta (que actualmente existe) cun aforo para unhas 500 persoas sentadas.

Dende 1984 ata 2007 o campo permaneceu olvidado para as administracións locais, sendo a propia C.D Portas a encargada de realizar o mantemento e pequenas reformas que o seu escaso presuposto permitía facer, alicatado de solo e paredes, falso teito nos vestiarios, portas novas, adquisición de mobiliario, marcador manual, regadío automático para evitar as polveiras no verán.... un luxo para as categorías nas que se xogaba.

No ano 2007, e dentro da execución do proxecto da Excma Deputación de Pontevedra "Campos de fútbol de hierba artificial. 3ª fase”, substitúese o terreo de xogo de terra por unha cómoda superficie de herba artificial que chegou tarde, pero chegou. Tamén se substitúen os banquiños de bloques por uns móbiles de metacrilato, dótase dun marcador electrónico, asentos de plástico nas gradas, pintase o cierre exterior, renóvase o valado exterior, colocase un novo alumeado, píntanse dous campos transversais de Fútbol-7 cas súas correspondentes porterías etc. Esta nova remodelación foi Inaugurada polo Excmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Luzán e o Alcalde de Portas, D. Roberto Vázquez Souto o día 14 de agosto de 2007 ante multitude de asistentes.

Finalmente e como complemento á remodelación do ano 2007, no ano 2008 o Concello constrúe dúas pistas de tenis cerradas, dobres e individual cunha superficie de caucho, sendo Portas o único Concello da zona xunto con Meis que dispós deste tipo de instalacións.

  Fútbol Sala:

O Pavillón dos Deportes foi construído nos anos noventa, a partires das antigas pistas de tenis e baloncesto. Foi dotado con superficie de parquet flotante e gradas. Trala súa inauguración, albergou importantes competicións de baloncesto (Fase de ascenso á liga LEB, Campionato de liga LEB ), pero unha mala planificación na súa construcción, un deficiente mantemento e outros factores, fixeron que chegase a unha situación lamentable, tanto no espacio de xogo como nos vestiarios. No ano 1998 comeza a utilizalo para disputar os seus partidos, a sección de Fútbol Sala Feminino Senior da C.D Portas, isto obriga a revisar o seu estado, que mellora en canto a limpeza de vestiarios, pista e grada.

  Xadrez:

A sección de Xadrez da C.D. Portas xoga a liga regular e realiza os seus adestramentos na Biblioteca do C.P.I Domingo Fontán de Portas que reune as condicións necesarias para que as partidas se poidan disputar nun ambiente propicio de relaxación e tranquilidade.