Categorías:
Senior (nacidos antes 1992) e Xuvenil (no 1992 e despois)

Sistema do torneo: 1ª Fase polo sistema de liguilla en grupos de 4 ou 5  xogadores (clasifican o campións e subcampións). 2ª Fase por eliminatorias.

Lugar: Pistas de tenis do Campo Municipal de Portas

Inscrición: O prezo da inscrición será de 12€ para SENIOR e 5€ para XUVENIL. Haberá  trofeos  para o campión e subcampión de cada  categoría.
A inscrición pódese facer na WEB da CD Portas, no Bar A Rapeira ou no teléfono 646359615, facilitando nome e apelidos, DNI , teléfono móvil e/ou correo electrónico. No momento do sorteo terá que estar feito o pago da cuota de inscrición.

Horario dos partidos: Preferentemente os sábados (entre as 10 e as 20 horas) e os domingos (de 10 a 14 horas) . Poderase -de mutuo acordo entre os xogadores e previa autorización da organización- trocar o horario dos partidos e disputalos outros días, sempre e cando non se sobrepase a data oficial da xornada. Se non hai acordo, a organización establecerá o horario oficial do encontro.

Data límite inscrición: Ata o xoves  día 17 de setembro ás 20 horas. Ás 21 horas faráse o SORTEO nas oficinas da CD Portas.
No momento do sorteo entregarase un folleto cas regras do campionato.

Data comezo torneo: Sábado día 19 de Setembro de 2009.