ALUGUER MÁQUINA LANZABOLAS

 

- ¿Ese revés segue sin funcionar?
- ¿Incapaz de restar un bo saque?
-¿Cansado de buscar compañeiros que se negan a levantarse os domingos para practicar?

A C.D Portas ten a solución......"Arantxa" ¿Quen é? Presentamola no vídeo, recentemente adquirida pola C.D Portas, cunha capacidade para 70 bolas, distintos modos de funcionamento, axustable en alturas e en ángulos para practicar revés, voleas, smash, drive.....tres velocidades. Modo fixo para practicar un só golpe ou aleatorio.

Calquera pode desfrutar desta mágnífica máquina lanzabolas por un prezo de 3 Euros/hora (4 se ademáis se usa lote de 72 bolas dispoñibles)

Estes prezos redúcense nun euro para os socios da C.D Portas. O sistema de reserva é o mesmo que para as pistas, únicamente se deberá indicar no momento de reservar éstas, que tamén se solicita o aluguer da máquina.

1.- Reservar pista segundo condicións.

2.- Indicar que se desexa o aluguer da máquina lanzabolas.