RESERVA PISTAS e MÁQUINA


Para o mellor funcionamento e maior dispoñibilidade das pistas, aplicarase unha normativa suxeita a modificacións (admítense suxerencias) á hora do aluguer das mesmas.

1.- O horario de utilización habitual das pistas será de 9'00h a 22'00h. Previa reserva e inscripción no Bar a Rapeira de Portas. (Teléfono 986 536 343) ou na web da C.D Portas (Aínda non dispoñible nesta modalidade). Máximo de 48h de antelación.

2.- As chaves recolleránse no Bar a Rapeira previo pago do importe do tempo solicitado e o depósito dunha fianza de 2 euros que será devolta á entrega das chaves.

NOTA: O prezo por hora será de TRES Euros (Para os veciños do concello de Portas e socios da C.D Portas será DOUS Euros). Para a máquina lanzabolas rexirán os mesmos prezos.

3.- O tempo máximo de reserva será de 90 minutos, e para a utilización das pistas utilizarase equipo específico de Tenis .

4.- Se transcorridos 15 minutos da hora da reserva a pista non está ocupada, a reserva será automáticamente anulada podendo ser ocupada a pista por outros xogadores presentes aínda que non dispuxeran de reserva pagando o tempo que reste.

5.- Os vestiarios da C.D Portas poderán ser utilizados ata as 21'00h, salvo nos días en que se disputen partidos de fútbol.

6.- Os sábados pola mañá unha das pistas estará reservada exclusivamente para a Escola de Tenis da C.D Portas que conta con grupos senior e junior e na que pode inscribirse quen o desexe.

7.- Poderase facer uso da máquina lanzabolas da que dispón a C.D Portas para a prçactica individual e a mellora da técnica. Poderá solicitarse o seu uso no mesmo momento da reserva da pista. Os prezo da utilización da máquina será de 3 Euros/hora,. Para os socios da C.D Portas e veciños do concello serán 2 Euros . Por cada pelota que se perda, deberá pagarse un euro.

8.- Os menores de 18 anos que sexan veciños do concello de Portas poderán utilizar as pistas gratuitamente, previa reserva das mesmas.