08/07/2010
Xadrez
Dani, entre os 20 mellores de España.
Actuación estelar.

Unha vez rematado o gran Campionato de España en Linares (Jaén), o noso representante da categoría prebenxamín DANIEL GONZÁLEZ MAGARIÑOS álzase coa posición Nº18 de España.

Analicemos este importante dato, xa que foron 68 as máximas figuras do xadrez en España representando a cada unha das súas comunidades integrantes. Quere dicir isto que estarían presentes os "maquinitas", campións e subcampións de comunidade, polo menos. A DANI non lle importou para nada esta posible presión, empezando como unha verdadeira moto GP gañando as 3 primeiras partidas fronte a Andalucía, Baleares e novamente Andalucía. Neses momentos xogaría a rolda 4 de xogo no taboleiro Nº2 de España!!, sendo retransmitida a nivel mundial e en directo por Internet a súa partida contra Canarias. Un pequeno erro de concentración, levaba ó seu rival a sacrificar peza para iniciar un ataque feroz contra Dani do que non sería capaz de saír. Este último xogador quedaría ó final do torneo como Nº7 de España. Quizáis esta derrota desorientaría algo ó noso xogador, xa que nas dúas roldas seguintes, contra Cataluña e Murcia, Dani cometía algún erro de importancia que nun torneo desta categoría é como lanzarse á gaiola dos mesmísimos leóns. De feito, cando Dani perdía peza contra a representante de Cataluña, rapaza que acabaría ostentando o título de Campiona de España, lograba a través dun bonita xogada táctica recuperar peza e partida. Dani preparáballe un mate en dúas xogadas, pero despistouse da súa defensa e matárono a él nunha xogada, que curioso!!

O noso pequeno tiña que intentar arranxar este declive na derradeira rolda de xogo, sendo o destino o encargado de cruzalo contra o actual campión de Galicia Jorge Méndez. DANI daba xa a partida por perdida antes de empezala, pero tras unha pequena preparación psicolóxica a cargo do seu adestrador, conseguíamos que fora quen de plantarlle cara a este dificilísimo rival.....e sabedes que pasou? Pois que Dani conseguía gañarlle con bastante solvencia, aproveitando, iso sí, os erros de xogo do seu compañeiro de comunidade. Esta importante victoria, coa cal sumaba 4 puntos de 7, colocábanno na posición Nº18 do ránking español. Deixaba por detrás súa a 50 xogadores españois!! Con un pouquiño máis de concentración, DANI quizás poidese estar entre os 10 mellores xogadores de España. Temos que estar, pois, moi orgullosos desde tan prometedor rapaz!