BÁRBARA SUBCAMPIONA GALEGA SUB - 14

Rematou en Pontedeume o Campionato Galego de Xadrez Sub-14. Catro foron os días transcorridos dende o seu comezo, cun total de 8 partidas a desputar. C.D.PORTAS XADREZ enviou un total de 4 xogadores á cita, 3 infantís de 1º ano e outro de 2º, Bárbara Sierra. Os intereses postos en xogo para estes xogadores eran ben diferentes; Bárbara trataría de pelexar o título de campioa galega, mentres que Sandro, Héctor e Juan sumarían experiencia de cara ó próximo ano.

Aínda así, Sandro conseguía sorprender no campionato conseguindo a metade dos puntos posibles, con 4 partidas gañadas. Lonxe del, Héctor, quen non puido rematar o campionato por problemas de saúde, e Juan, sumaban 2 puntos totais.

A nosa excelente xogadora Bárbara fixo un bo torneo, obtendo o título de SUBCAMPIONA GALEGA SUB-14 ocupando a posición 17 do ránking galego.

Conseguiu 4 partidas gañadas, 1 táboas e 3 derrotas. Quedaba por encima da, ata o día de onte, actual campioa galega Sub-14 María Alonso Macías, da Escola Xadrez de Pontevedra, quen sumou un total de 4 puntos. Pero ningunha das dúas puido alcanzar a calidade de xogo de Inés Prado Acebo, xogadora da Escola Ferrolá, quen xa ven dende o ano pasado amosando unhas moi boas maneiras de xogo, algo que lle deu o título de Campiona Galega Sub-12 no ano anterior. Dita xogadora quedou Nº 5 do ránking galego con 6 puntazos, obtendo o presente título de Campio Galega Sub- 14. Luis Segura, do clube Xadrez Fontecarmoa, se alzaba co máximo galardón galego, Nº 1 do ránking.


Participaron na cita 46 xogadores galegos ben preparados, capitaneando o torneo en case todo momento os xogadores infantís de 2º ano.

Da análise das partidas xogadas polos nosos artilleiros, máis o visto na propia sala de xogo, lembrábase o bonito deste Campionato de tan altísimo expoñente. Había que sudar, ás veces con 2 ou 3 horas de xogo, para poder levarse a partida, e onde tan só un pequeno erro en cada unha delas, facía pouco menos que obrigarche a dicirlle adeus ó rival.

Algo que tamén convén destacar, é a necesaria preparación dun rapaz se quere acudir a un campionato destas características. Son 4 días de competición, de mañán e tarde, cun ritmo de xogo elevadísimo (90 minutos por xogador máis 30 segundos de incremento por xogada realizada).

Necesítase dispoñer dunha moi boa concentración, algo que se consegue con adestramento continuado ademáis de boa preparación física de cara á resistencia, acompañado de descanso suficiente para afrontar cada novo reto plantexado ante un novo rival. Así, por exemplo, Héctor non foi quen de amosar o xa tan comentado enorme talento neste xogo, torcéndoselle ademáis o final do campionato polos problemas, nada leves, xurdidos no final do mesmo.

FELICIDADES a todos eles polo esforzo amosado, e en especial a Bárbara
polo seu novo éxito acadado!!