ÉXITO ROTUNDO
CAMPIONATO GALEGO SUB -16,12,10,8

Aquí o temos: DANIEL GONZÁLEZ MAGARIÑOS, levantando o trofeo do podium galego SUB-8 clasificado en 4ª posición do ránking. O pequeno de 8 anos recién cumpridos facía un campionato espectacular para ser o seu debut nun Campionato de Galicia. Conseguía clasificarse dentro dos 5 primeiros dun total de 32 participantes, obtendo 5.5 puntos dun total de 8. Chegaba a 7ª ronda con 5 puntos conseguidos ata o momento. Tocáballe enfrentarse a Jorge Méndez, xogador que levaba tódalas partidas gañadas.

Comeza a loita na mesa nº1 de xogo, e dende os comezos o seu rival deixaba máis que claras as súas pretensións: gañando a partida facíase co campionato independentemente do que sucedese na derradeira ronda de xogo. Lanza un feroz ataque contra Dani, que lle obriga a este último a manterse sumiso en todo momento da partida, non sendo capaz de frenar tan ofensiva ameaza por parte do seu rival. Perde a partida e xogáse, por tanto, a posibilidade de entrar no podium galego se consegue sumar puntos suficientes para colocarse entre os 5 primeiros. Enfréntase a Pablo Portela, da Escola Xadrez Pontevedra, e tras perder a iniciativa por un ataque dobre do pontevedrés, consegue levantar a partida tras un elegante golpe táctico que lle leva ó seu contrincante a propoñerlle as táboas. Medio punto máis que lle da o pase a estaren situado entre os máis grandes de Galicia. Agora mesmo, DANI entra no ránking como 4º mellor xogador da Comunidade Galega.

O campionato transcorría en Padrón ó longo de 2 días e medio para os máis pequenos (Dani en Sub-8, Brais e Christian en Sub-10) e 4 días para os demáis (Inti en Sub-12, Bárbara, Pablo, Sandro e Héctor en Sub-16).

Pero algo máis secedeu: BÁRBARA deslumbraba coa súa actuación nun campionato non propio da categoría a que pertence. Conseguía facer quizás o seu mellor campionato galego ata o momemto, lembrando paralelamente o seu primer triunfo como xogadora de 2º ano Sub-10 no 2006.

Conseguiu máis puntos que no Campionato Galego Sub-14, 5 puntos de 8 posibles; derrotou a grandes xogadores Sub-16 de gran talante de xogo, como foron Francisco Javier Toba, Anxo Carreira, Yago Barral e María Alonso Macías; conseguía quedar por enriba da actual campioa galega Sub-14 Inés Prado, …

A medida que Bárbara gañaba partidas, a cada cal máis importante, gañaba respeto entre os pesos pesados!! E emoción ata o final: remataba a derrradeira ronda de xogo con derrota por parte da nosa xogadora, pero con 5 puntos conseguidos e desempate favorable de cara ó resto das súas rivais femininas, ningunha das cales sumaba os mesmos puntos que ela. Isto a excepción de Aranzazu Sánchez, cun único punto de máis no desempate progresivo.

Pero claro, esta xogadora estaba obrigada a gañar, non valéndolle para nada as táboas. Foron necesarias case 4 horas de xogo para decidir o resultado deste enfrontamento. Ámbolos dous xogadores chegaron a “arañar” o esgotamento do seu tempo, pero Aranzazu, coa súa experiencia de xogo, foi quen de remontar a partida, desestimar as táboas ofrecidas polo seu rival, e gañarlle torre ó final polos apuros propios do tempo. O seu adestrador alzaba os brazos e a xogadora daba mostras de ledicia pola fazaña conseguida tras tanta presión acumulada. Aranzazu facíase co campionato, e Bárbara co Subcampionato Galego Sub-16, ocupando a tan espectacular posición de nº 10 do ránking galego (63 participantes) na categoría sinalada, case nada!!

Tralos dous éxitos acadados por Bárbara e Dani, o mestre internacional e seleccionador galego Daniel Rivera, poñíase en contacto con nós para interesarse polos dous xogadores para asistir a unha concentración de traballo xunto a todo un profesional do xadrez mundial como é o Gran Mestre Alexei Shirov.

E que ocorría co resto de xogadores de Portas enviados a esta cita galega?

BRAIS non fixo o seu mellor campionato. Conseguiu unha boa posición no ránking galego, nº 14 de 48 participantes cun total de 5 puntos, e isto case sen “despeinarse”. Falto de concentración e gañas nos primeiros días, non foi quen de levantar o campionato a pesares do seu excelente derradeiro día, onde foi un neno totalmente diferente. Podía manter opcións de estar arriba, pero non puido ser. Unha vez máis, o xadrez amosa unha das súas máis destacadas condicións: a CONCENTRACIÓN.

CHRISTIAN e INTI debutaban nun Campionato Galego, chegando ámbolos dous ó ecuador das partidas cunha suma de 4 puntos.

PABLO, SANDRO e HÉCTOR cumpriron, lembrando que ningún deles, ademáis de Bárbara, pertencía a esta categoría. Conseguían sumar 3 puntos cada un deles. Iso sí, pelexaron cada unha das partidas como se a súa vida fora nelo, cunha media de dúas horas e media en cada unha.