A xove promesa Wuayra nunha das partidas disputadas.

V Concello de Vilanova

Sábado 12 de Setembro 2011

Zonal Pontevedra Norte

14/09/2011

Primeiro torneo. Bota a andar a maquinaria

O pasado sábado día 12 de setembro tivo lugar o primeiro torneo de xadrez ó que asistiu o noso clube dende o parón de xuño, o V Concello de Vilanova, valedeiro para puntuar no VI Circuito Galego de Promoción, xa comezado na pasada tempada no mes de Maio.

Dito circuito rematará o 5 de Novembro en Rianxo, coa celebración de 7 torneos entre medias. Asistiron un total de 12 xogadores de Portas, sendo evidente a falta de concentración e reflexos á hora de plantarlle cara ás partidas.

Ninguén deles destacou, a excepción, como non, do noso pequeno talento WUAYRA, quen a pesares de non amosar o excelente nivel de xogo co cal rematara no Campionato de España, foi capaz de entrar no pódium na 5ª posición do ranking, empatado a puntos co 4º e 3º clasificados. Obtiña 5 puntos de 7 posibles, e como anécdota contar o sucedido na primeira rolda de xogo: ... gañaba a partida a tan só 1 segundo da súa caída de bandeira, vamos.., de infarto !! ".